Máscara do Entroido de Viana do Bolo |
Como é moita a materia desta avaliación, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación das preguntas de teoría relativas ao bloque Lingua e sociedade.
Feliz Entroido!
______
Preguntas do bloque Lingua e sociedade:
- Sinala as etapas e subetapas da
historia da lingua galega coa datación correspondente. (p. 24) (O
termo subetapas fai referencia ás subdivisións que podemos
establecer dentro do séc. XX)
- Sinala as 4 etapas da evolución da
escrita do galego dende o século XIX coa datación correspondente.
(pp. 76-79)
- O substrato prerromano e os
superestratos xermánico e árabe. (pp. 25-26, 42-43)
- O galego na Idade Media. (pp. 27-29,
46)
- O galego nos Séculos Escuros (pp.
30-31, 46-47)
- O galego no Rexurdimento, o galego
popularizante (pp. 60-63, 77-78)
- O galego no primeiro terzo do séc. XX,
o galego diferencialista (1900-1936). (pp. 63-64, 78-79)
- O galego da Guerra Civil e da
posguerra, o galego protoestándar (1936-1975). (pp. 64, 79-80)
- O galego na democracia, o galego
estándar (1975-hoxe). (pp. 64-65, 80)
- Indica os 4 tipos de variedades que
podemos atopar no interior das linguas e os criterios de variación
que as orixinan. (pp. 94-97)
- Que é unha lingua natural? Que é unha
lingua artificial? Que é unha lingua franca? Que é un pidgin?
- Que é un crioulo? (p. 110)
- Que son linguas por distancia? Que son
linguas por elaboración? (p. 111)
- Que é unha familia lingüística?
Cales son as linguas románicas? Que familias lingüísticas proceden
do indoeuropeo? (p. 112 e Galipedia)
- Cales son as cinco linguas máis
faladas no planeta? - Cantos millóns de persoas falan o portugués?
Con cantos millóns de persoas se pode comunicar un galego?
(Galipedia)
- Explica a diferenza entre lingua
minorizada e lingua minoritaria aplicándoo ao caso galego. (p. 114)
- Sinala as sete linguas oficiais que
atopamos na Península Ibérica. (p. 126-127, 164)
- Que lexislación autonómica, estatal e
europea recolle a protección do galego? (pp. 127-128, 146-149)
- Analiza os sistemas de normalización
no ensino en Galicia, País Vasco e Cataluña e os seus resultados.
(pp. 128-129, 148)
- Que territorios abrangue o dominio
lingüístico galego? (pp. 143-145)
- Cales son os oito estados que teñen
como lingua oficial o portugués? (p. 163)