Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de novembro de 2014

Falando do futuro: Hai cousa peor que estudar galego?

Columna de opinión de Francisco Cidrás, publicada en Praza Pública, sobre o tratamento que lle dan os medios de comunicación e o ministerio de educación aos datos sobre a inserción laboral dos licenciados en galego.

http://praza.gal/opinion/2122/hai-cousa-peor-que-estudar-galego/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter


mércores, 8 de outubro de 2014

Vaporear (exemplo do sufixo -ear)

Hoxe o Portal das Palabras no Mira que din achégase á palabra "vaporear", que nos achega ao estudo do sufixo -ear.
E mirade que casualidade que a Palabra do Día tamén inclúe este morfema derivativo, "franquear".


xoves, 19 de xuño de 2014

Final xuño


*De agora en diante a publicación irá máis rápido.

**Dos aprobados (porque os suspensos xa tiveron ocasión de ver os exames hoxe), quen queira ver os exames mañá venres 19 que me envíe un chío ou un correo e quedamos mañá ás 8:30 antes da reunión de avaliación.



1 BAC A

1Ad – 2

2An – 8

3Ta – 3

4Bl – 8

5La – ano anterior

6Hu – 10

7Di – 9

8Ir – 9

9Mi – 9

10An –9

11Ma – 5

12Ta – 7 (nota rectificada)

13Na – 1

14Sa – 8

15Iv – 1

16An – 0

17Sa – 4

18Gr – 9

19Al – 3

20Hé – 2

21Le – 5



1 BAC B

1La – 5

2Ro – 10

3Ma – 5

4Mar – 6

5Da – 3

6Ja – 1

7Pe – 6

8A – 9

9Jo – 3

10Sal – 7

11E – 10

12Car – 2

13Die – 1

14Ma – 3

15Ma – 0

16Ma – 3

17Die – 0

mércores, 18 de xuño de 2014

AVISO ENTREGA TRABALLOS TRIMESTRAIS

Quen o desexe poderá actualizar o seu blog ata o xoves 19 de xuño ás 19:00.
Non esquezades incluír os seguintes elementos:
- Índice de composicións
- Índice de intérpretes
- Autoría e tipo de licenza Creative Commons
- Contador de visitas
Non esquezades tampouco ocultar o arquivo do blog e a indicación de data en formato de letra se tedes como lingua de blog o castelán.
Todos os elementos que se vexan estarán en galego.
Saúdos e ánimo que xa non queda nada!

luns, 19 de maio de 2014

Traballo trimestral 3ª avaliación

http://naveacivica.blogspot.com.es/

O traballo trimestral poderá facerse de xeito individual ou en grupos de dúas persoas.

Tedes 3 opcións de traballos:

- Rosalía de Castro musicada (formato blog ou wiki).
- Curros Enríquez musicado (formato blog ou wiki).
- Videopoema cívico (seguindo as instrucións do proxecto Na vea cívica dos profesores Xano Cebreiro e Sofía Rama).

Déixovos un minititorial sobre como abrir un blog en Blogger, tede en conta que é de 2009 e hai pasos que xa cambiaron.

martes, 13 de maio de 2014

luns, 12 de maio de 2014

Séculos Escuros I

  • Presentación dos Séculos Escuros do departamento de Lingua e Literatura do IES Lama das Quendas. Esta é especialmente interesante para ver a imaxe que tiñan dos galegos fóra do noso territorio.


  • Esquema-resumo dos Séculos Escuros.

venres, 2 de maio de 2014

Traballo para a ponte e a semana do 5 de maio

Nesta presentación do profesor Román Landín atoparedes as principais claves da literatura galega medieval.


Nestoutra presentación da profesora Loli Cid tedes un resumo da prosa medieval.


Páx. 230 (7, 8)
Páx. 234 (2, 3, 6, 9)
Páx. 249 (6, 7, 9, 10)

Con isto e ir adiantando o estudo da teoría da literatura medieval considero que tedes traballo abondo para cubrir os deberes e as gardas correspondentes.

* O luns 5 pola tarde e  o martes 6 non acudirei ao instituto.

sábado, 26 de abril de 2014

Traballo pendente semana 28 de abril de 2014 en diante

A partir do 28 de abril:
1º día - exame lingua.
2º día -  páxs. 224 e 225 (todos os exercicios)
3º día -  páxs. 224 e 225 (todos os exercicios) e mapa conceptual da Unidade 14

O martes 29 a 1º BAC B irá unha persoa de garda, durante esa sesión traballaredes nas prácticas arriba indicadas.

sábado, 1 de marzo de 2014

Entroido

Entroido Viana do Bolo 2009_0098.JPG
Máscara do Entroido de Viana do Bolo
Como é moita a materia desta avaliación, non haberá deberes específicos para o Entroido.
Se o desexades podedes ir avanzando na preparación das preguntas de teoría relativas ao bloque Lingua e sociedade.
Feliz Entroido!
______

Preguntas do bloque Lingua e sociedade:

- Sinala as etapas e subetapas da historia da lingua galega coa datación correspondente. (p. 24) (O termo subetapas fai referencia ás subdivisións que podemos establecer dentro do séc. XX)
- Sinala as 4 etapas da evolución da escrita do galego dende o século XIX coa datación correspondente. (pp. 76-79)
- O substrato prerromano e os superestratos xermánico e árabe. (pp. 25-26, 42-43)
- O galego na Idade Media. (pp. 27-29, 46)
- O galego nos Séculos Escuros (pp. 30-31, 46-47)
- O galego no Rexurdimento, o galego popularizante (pp. 60-63, 77-78)
- O galego no primeiro terzo do séc. XX, o galego diferencialista (1900-1936). (pp. 63-64, 78-79)
- O galego da Guerra Civil e da posguerra, o galego protoestándar (1936-1975). (pp. 64, 79-80)
- O galego na democracia, o galego estándar (1975-hoxe). (pp. 64-65, 80)
- Indica os 4 tipos de variedades que podemos atopar no interior das linguas e os criterios de variación que as orixinan. (pp. 94-97)
- Que é unha lingua natural? Que é unha lingua artificial? Que é unha lingua franca? Que é un pidgin? - Que é un crioulo? (p. 110)
- Que son linguas por distancia? Que son linguas por elaboración? (p. 111)
- Que é unha familia lingüística? Cales son as linguas románicas? Que familias lingüísticas proceden do indoeuropeo? (p. 112 e Galipedia)
- Cales son as cinco linguas máis faladas no planeta? - Cantos millóns de persoas falan o portugués? Con cantos millóns de persoas se pode comunicar un galego? (Galipedia)
- Explica a diferenza entre lingua minorizada e lingua minoritaria aplicándoo ao caso galego. (p. 114)
- Sinala as sete linguas oficiais que atopamos na Península Ibérica. (p. 126-127, 164)
- Que lexislación autonómica, estatal e europea recolle a protección do galego? (pp. 127-128, 146-149)
- Analiza os sistemas de normalización no ensino en Galicia, País Vasco e Cataluña e os seus resultados. (pp. 128-129, 148)
- Que territorios abrangue o dominio lingüístico galego? (pp. 143-145)
- Cales son os oito estados que teñen como lingua oficial o portugués? (p. 163)

luns, 24 de febreiro de 2014

Corasóns




Velaquí tedes 3 exemplos de alumnado do IES FÉLIX MURIEL de Rianxo.


CON AMOR, PASIÑO A PASIÑO

21 Días co Galego

Do 3 ao 23 de febreiro de 2014 estivemos aquí.

http://21diascogalego.blogspot.com.es