Páxinas

xoves, 29 de maio de 2014

luns, 19 de maio de 2014

Traballo trimestral 3ª avaliación

http://naveacivica.blogspot.com.es/

O traballo trimestral poderá facerse de xeito individual ou en grupos de dúas persoas.

Tedes 3 opcións de traballos:

- Rosalía de Castro musicada (formato blog ou wiki).
- Curros Enríquez musicado (formato blog ou wiki).
- Videopoema cívico (seguindo as instrucións do proxecto Na vea cívica dos profesores Xano Cebreiro e Sofía Rama).

Déixovos un minititorial sobre como abrir un blog en Blogger, tede en conta que é de 2009 e hai pasos que xa cambiaron.

martes, 13 de maio de 2014

luns, 12 de maio de 2014

Séculos Escuros I

  • Presentación dos Séculos Escuros do departamento de Lingua e Literatura do IES Lama das Quendas. Esta é especialmente interesante para ver a imaxe que tiñan dos galegos fóra do noso territorio.


  • Esquema-resumo dos Séculos Escuros.

venres, 2 de maio de 2014

Traballo para a ponte e a semana do 5 de maio

Nesta presentación do profesor Román Landín atoparedes as principais claves da literatura galega medieval.


Nestoutra presentación da profesora Loli Cid tedes un resumo da prosa medieval.


Páx. 230 (7, 8)
Páx. 234 (2, 3, 6, 9)
Páx. 249 (6, 7, 9, 10)

Con isto e ir adiantando o estudo da teoría da literatura medieval considero que tedes traballo abondo para cubrir os deberes e as gardas correspondentes.

* O luns 5 pola tarde e  o martes 6 non acudirei ao instituto.