Páxinas

martes, 14 de outubro de 2014

Práctica de análise morfolóxica 1


 
  • Analiza morfoloxicamente as seguintes palabras xustificando os seus elementos.
  • Clasifica a palabra segundo a súa estrutura mórfica.
  • No caso dos substantivos, realiza tamén a súa análise semántica.

  1. amiguiño
  2. arbitrarios
  3. bondade
  4. branquear
  5. brevidade
  6. brillante
  7. capacidade
  8. creada
  9. diamante
  10. divindade
  11. ilóxicas
  12. inxusto
  13. notoriedade
  14. novidade
  15. pianista
  16. preescolar
  17. prehistoria
  18. premer
  19. prever
  20. realidade
  21. representación
  22. seriedade
  23. soidade
  24. solidariedade
  25. zambiano

xoves, 9 de outubro de 2014

A viaxe de Gagarin 01


Hoxe comezamos a nosa aventura co libro de Agustín Fernández Paz, A viaxe de Gagarin.



Vexamos o booktrailer da novela:





Este libro ademais do seu valor intrínseco, agocha un grande agasallo, o Blog Gagarin que inclúe 30 meritorias entradas elaboradas polo autor onde nos ofrece o que poderiamos denominar "A outra novela", unha ampliación de todos os universos contidos no texto en formato bitácora nas que podes explorar e explorar ata te perderes unha e outra vez na internet da man do grande Agustín, a mellor proba de que un grande escritor leva un gran blogueiro dentro.

Manuscrito do autor que podes atopar no Blog Gagarin.



mércores, 8 de outubro de 2014

Vaporear (exemplo do sufixo -ear)

Hoxe o Portal das Palabras no Mira que din achégase á palabra "vaporear", que nos achega ao estudo do sufixo -ear.
E mirade que casualidade que a Palabra do Día tamén inclúe este morfema derivativo, "franquear".