Páxinas

mércores, 30 de outubro de 2013

Semana do 4 de novembro

Imaxe vía Lengua y literatura.
  1. Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar. 
  2. O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade (luns). 
  3. Tamén deberedes traer preparada a seguinte actividade. Na aula realizaremos as gravacións dos resumos (1B o martes e 1A o mércores).
ACTIVIDADE: Resume oralmente a novela en dous minutos. 
Esta é unha actividade na que traballarás o discurso oral planificado, isto significa que antes de pronunciar o teu resumo deberás preparalo. Para isto ten en conta as seguintes recomendacións: nun papel fai un esquema previo para elixir ben o que vas dicir, fíxate en que a túa linguaxe debe ser correcta, por último practica na casa para medir ben o tempo. É importante que ensaies diante dun espello así poderás traballar tamén a túa linguaxe non verbal (posturas, acenos...), todo conta. 

luns, 21 de outubro de 2013

Organización pola folga contra a LOMCE

 
Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira. Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.

Distribución das sesións de aula da semana do luns 28

1ª Sesión - Exame oral ou escrito dos contidos do tema 1, das preposicións e do vocabulario visto ao longo do curso.

2ª Sesión
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar.
- Do libro deberedes ter lido como mínimo ata o capítulo que inclúa a páx. 100 incluído.