Imaxe vía Lengua y literatura. |
- Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar.
- O libro deberá estar rematado de ler na súa totalidade (luns).
- Tamén deberedes traer preparada a seguinte actividade. Na aula realizaremos as gravacións dos resumos (1B o martes e 1A o mércores).
Esta é unha actividade na que traballarás o discurso oral planificado, isto significa que antes de pronunciar o teu resumo deberás preparalo. Para isto ten en conta as seguintes recomendacións: nun papel fai un esquema previo para elixir ben o que vas dicir, fíxate en que a túa linguaxe debe ser correcta, por último practica na casa para medir ben o tempo. É importante que ensaies diante dun espello así poderás traballar tamén a túa linguaxe non verbal (posturas, acenos...), todo conta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario