Páxinas

xoves, 28 de maio de 2015

Comentario de cantiga medieval

COMENTARIO DE CANTIGA MEDIEVAL  
BLOQUE I – Texto medieval 
1. Localización do texto como un produto lingüístico da Idade Media. 
BLOQUE II – Texto literario
2. A súa condición como texto literario. 
3. Identificación como texto lírico e dentro da lírica xustificar se é un exemplo de lírica amatoria ou burlesca. 
BLOQUE III – Análise do contido 
4. Análise do contido de cada cobra. 
5. Voz lírica. 
6. Caracterización das personaxes.
7. Interlocutores.
8. Espazos.
9. Dedución do xénero a partir do contido mediante a localización das súas características propias.
10. Especificidades dese xénero e posible determinación do subxénero. 

BLOQUE IV – Análise da forma
11. Disposición estrutural en cobras e versos e clasificación atendendo a ela.
12. Presenza do paralelismo, xustificación do recurso e presenza de diferentes tipos.
13. Outros recursos estilísticos propios da época.

BLOQUE V – Conclusión
14. Outras cuestións como posible localización temporal, xeográfica ou persoal.
15. Conclusión valorativa sobre este tipo de produción literaria.


martes, 19 de maio de 2015

Fío de conversa

Imaxe de aquí.

 Por favor, seguide sempre o mesmo fío de conversa e non creedes unha conversa nova en cada entrega, iso obrígame a buscar todos os vosos correos para saber en que fase do traballo imos.
Lembrade, sempre contestando ao meu correo anterior.
Grazas!

domingo, 17 de maio de 2015

PALABRA MODELO E CUESTIÓNS PROBLEMÁTICAS

De seguido veredes unha palabra ben feita realizada por dúas alumnas de 3ESO que só teñen pendente modificar a imaxe por outra máis grande.
A continuación tedes destacados os principais puntos nos que estades a ter problemas na entrega dos traballos



ACOUGO

Definición:
Substantivo masculino
Estado de quen está tranquilo física ou moralmente.
Non ten acougo entre tantas preocupacións.

Orixe:
Esta palabra deriva de acougar, que ten orixe latina, ben no verbo cubare 'asentar', ben en collocare 'poñer unha cousa no seu lugar', engadíndolles o prefixo ad.

Usos na actualidade:
A palabra “acougo” tamén se utiliza en sentido figurado como estado do que non se move ou parece que non se move (p.ex. Observaba desde as rochas o mar sen acougo) ou co significado de parada no traballo (exemplo: a noite é tempo de acougo).

Frases feitas:
Non acougar en ningures/non ter acougo: non ter descanso.
NOTA: estas frases feitas refírense ao significado de “parada no traballo”, non ao de “estado de quen está tranquilo física ou moralmente).

Familia léxica:
acougar, desacougadamente, desacougado/a, desacougante, desacougar, desacougarse, desacougo

Sinónimos:
alivio, calma, descanso, sosego, tranquilidade

Antónimos:
desacougo, desasosego, inquietude

Palabra noutros idiomas:
Castelán: tranquilidad
Catalán: tranquil•litat
Éuscaro: laisatasun
Francés: tranquilité
Inglés: calmness
Portugués: acougo

Curiosidades:
As ondas Alfa son ondas cerebrais que xunto coas ondas Beta, Theta e Delta forman parte das respostas eléctricas do noso cerebro. De entre estas catro, as ondas Alfa son quizais as máis desexables de ter na nosa actividade cerebral, porque se comprobou que cando o cerebro se atopa en estado de tranquilidade e paz, especialmente nese momento antes de durmir, se xeran ondas Alfa.



ALGUNHAS CUESTIÓNS DE AXUDA

Tipo de letra: Arial
Tamaño: 20 (no título), 14 (na palabra), 12 (no resto)
Estilo: en negra (TÍTULO DO TRABALLO, PALABRA e Título de sección), o resto en redonda.

Cando hai varios autores sóense colocar os seus nomes por orde alfabética do apelido.

As seccións irán precedidas de liña en branco e seguidas de dous puntos. Comezarase a escribir o seu contido debaixo do nome da sección.

Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas:
Castelán:
Catalán:
Éuscaro:
Francés:
Inglés:
Portugués:
Curiosidades:

* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.

Definición:
Na definición simplemente tedes que copiar a do dicionario da RAG que podedes consultar na web da RAG ou no Portal das Palabras.

Refráns:
Para atopar refráns podemos buscar no Refraneiro Galego de Taboada Chivite facendo unha procura pola palabra que queremos atopar.

Familia léxica:
Para atopar a familia léxica dunha palabra temos que facer unha busca avanzada no dicionario.
Imos ao apartado contén da busca avanzada e alí escribimos o lexema da palabra p.ex. para buscar a familia léxica da palabra “acougo” escribiriamos o lexema “acoug” e como resultado veriamos as palabras que conteñen esa secuencia. Hai que ter en conta que nalgúns casos tamén nos poden aparecer palabras doutras familias léxicas que non teñan nada que ver. Deberemos ser nós os que seleccionemos as correctas.

Palabra noutros idiomas:
Fixádevos que a palabra noutros idiomas vai en redonda o idioma seguido e dous puntos e logo a palabra en cursiva.

Curiosidades:
Todas as palabras deben ter apartado de curiosidades, é aquí onde deberedes investigar ata dar con información que relacione a vosa palabra con outras cuestións de interese.

sábado, 16 de maio de 2015

Ampliación do prazo de entrega do traballo trimestral



Co fin de que os traballos vaian o mellor posible, amplíase o prazo de entrega ata o día 20.

*Se en cada clase houbese 2 persoas dispostas a subir á web os traballos dos seus compañeiros daquela poderiades entregar todos ata o día 25 pero só nese caso.

**En canto teña a intro e o remate en vídeo xa volos colgo para que os incorporedes ás vosas producións.

sábado, 9 de maio de 2015

Actualización e simplificación das normas de entrega


Como hai alumnado que está a ter problemas coas entregas imos simplificar aínda máis o procedemento.
Para isto imos ver un exemplo de entrega para un setestrelo que ten como título Mamíferos dunha alumna de 4A que vai facer as seguintes palabras: can, gato, mono, vaca, elefante, cabalo, porco.



Os correos hainos que enviar ao enderezo: 
pilarponteclases@gmail.com

O asunto dos correos ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos

4A_mamiferos

Hai que enviar 2 correos:
1º correo para solicitar as palabras do setestrelo.
Chégache unha resposta dicíndoche as palabras que tes adxudicadas para poder continuar.

2º correo para entregar o setestrelo.

O nome do arquivo de texto .doc con todo o setestrelo ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos.doc

4A_mamiferos.doc


O nome do arquivo .jpg da imaxe da introdución ten que ser:

curso_títulodosetestrelosenacentos_intro.jpg

4A_mamiferos_intro.jpg


O nome dos 7 arquivos das palabras ten que ser:

nomedapalabra.jpg

can.jpg

gato.jpg

mono.jpg

vaca.jpg

elefante.jpg

cabalo.jpg

porco.jpg


Chégache unha resposta co setestrelo corrixido para que poidas continuar e gravalo en vídeo.


Gravas en vídeo en formato .avi ou .mov a introdución e as 7 palabras por separado.
O nome do vídeo de cada palabra ten que ser:
nomedapalabra.avi
can.avi

gato.avi

mono.avi

vaca.avi

elefante.avi

cabalo.avi

porco.avi

Despois cun programa de edición de vídeo unes nun único arquivo a introdución e as sete palabras para formar o teu setestrelo, o seu nome ten que ser:
nomedosetestrelo.avi
mamiferos.avi
A continuación copias nun pendrive os 8 arquivos de vídeo, o do setestrelo e os das 7 palabras.
1 nomedosetestrelo.avi + 7 nomedapalabra.avi
No caso da nosa alumna do exemplo tería que gardar os seguintes arquivos:
mamiferos.avi 
can.avi

gato.avi

mono.avi

vaca.avi

elefante.avi

cabalo.avi

porco.avi
Para rematar, copias os 8 arquivos no ordenador da túa aula na carpeta do escritorio co nome Unha nube chea de palabras antes do día da entrega.

Cada alumno ou alumna deberá presentar dúas producións: 1 setestrelo relacionado dalgún xeito coa literatura ata o século XIX incluído e unha actividade de léxico con Ardora. Nos casos que se considere no canto dun setestrelo poderase entregar unha pílula informativa.

Prazos:
1º Prazo - 15 de maio - deberá estar entregado o setestrelo nas súas dúas versións.
2º Prazo - 18 de maio - deberá estar entregada a actividade de léxico.
3º Prazo - 22 de maio - por sorteo, poderán entregar o día 22 a actividade de léxico o seguinte alumnado 1A (números 13 Hugo ao 19 Abel e 1 Brais ao 3 Nagay) e 1B (números 4 Darío ao 13 José Piñeiro).

*No caso de que se faga o traballo en parellas ou tríos, para poder entregar a actividade de léxico o día 22 todos os integrantes deberán estar na listaxe do 3º prazo.

** Os setestrelos e actividades de léxico reservaranse no enderezo pilarponteclases@gmail.com e adxudicaranse por orde de chegada dos correos.  


** Se nunha parella unha das persoas ten prazo para o 18 e outra para o 22, deberán entregar as producións grandes o 18 e poderán deixar as pequenas para o 22.

**As persoas que fagan unha pílula e tres palabras deberán seguir as instrucións para as palabras como no setestrelo. No caso da pílula deberán entregar o texto, ou no seu caso o índice de contidos, previamente por correo para ser aprobado. No caso de entregar só o guión deberán ter en conta que a súa entrega será avaliada segundo o nivel de lingua presentado en canto a incorreccións de calquera tipo.
 
Se seguides as instrucións paso a paso non haberá ningún problema.



Saúdos e ánimo.

venres, 8 de maio de 2015

Setestrelo - Un achegamento diferente ás palabras

Déixovos aquí unha presentación que vos pode axudar a realizar un setestrelo máis completo e de maior calidade.

mércores, 6 de maio de 2015

Traballo para o xoves 7 de maio

Tedes que elixir na clase 1 cantiga de amigo, unha de amor e outra de escarnio para traballar todos coas mesmas e darlles resposta xustificada co texto ás seguintes cuestións sobre cada unha delas.

- Época do texto.
- Características textuais xerais (verso, prosa, lírica, épica, etc.).
- Xénero e subxénero (características xenéricas da cantiga).

Por favor enviádeme un correo co primeiro verso das 3 cantigas que escollestes.