A continuación tedes destacados os principais puntos nos que estades a ter problemas na entrega dos traballos
ACOUGO
Definición:
Substantivo
masculino
Estado
de quen está tranquilo física ou moralmente.
Non
ten acougo entre tantas preocupacións.
Orixe:
Esta
palabra deriva de acougar, que ten orixe latina, ben no verbo cubare
'asentar', ben en collocare
'poñer unha cousa no seu lugar',
engadíndolles o prefixo ad.
Usos
na actualidade:
A
palabra “acougo” tamén se utiliza en sentido figurado como
estado do que non se move ou parece que non se move (p.ex. Observaba
desde as rochas o mar sen acougo) ou co
significado de parada no traballo (exemplo: a
noite é tempo de acougo).
Frases
feitas:
Non
acougar en ningures/non ter acougo:
non ter descanso.
NOTA:
estas frases feitas refírense ao significado de “parada no
traballo”, non ao de “estado de quen está tranquilo física ou
moralmente).
Familia
léxica:
acougar,
desacougadamente, desacougado/a, desacougante, desacougar,
desacougarse, desacougo
Sinónimos:
alivio,
calma, descanso, sosego, tranquilidade
Antónimos:
desacougo,
desasosego, inquietude
Palabra
noutros idiomas:
Castelán:
tranquilidad
Catalán:
tranquil•litat
Éuscaro:
laisatasun
Francés:
tranquilité
Inglés:
calmness
Portugués:
acougo
Curiosidades:
As
ondas Alfa son ondas cerebrais que
xunto coas ondas Beta, Theta e Delta forman parte das respostas
eléctricas do noso cerebro. De entre estas catro, as ondas Alfa son
quizais as máis desexables de ter na nosa actividade cerebral,
porque se comprobou que cando o cerebro se atopa en estado de
tranquilidade e paz, especialmente nese momento antes de durmir, se
xeran ondas Alfa.
ALGUNHAS
CUESTIÓNS DE AXUDA
Tipo
de letra: Arial
Tamaño:
20 (no título), 14
(na palabra), 12 (no resto)
Estilo:
en negra (TÍTULO DO
TRABALLO, PALABRA e Título
de sección), o resto en redonda.
Cando
hai varios autores sóense colocar os seus nomes por orde alfabética
do apelido.
As
seccións irán precedidas de liña en branco e seguidas de dous
puntos. Comezarase a escribir o seu contido debaixo do nome da
sección.
Definición:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas:
Orixe:
Usos na actualidade:
Frases feitas:
Refráns:
Sinónimos:
Antónimos:
Familia léxica:
Palabra noutros idiomas:
Castelán:
Catalán:
Éuscaro:
Francés:
Inglés:
Portugués:
Curiosidades:
* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.
Curiosidades:
* Só se cubrirán aqueles apartados dos que teñamos datos.
Definición:
Na
definición simplemente tedes que copiar a do dicionario da RAG que
podedes consultar na web da RAG ou no Portal das Palabras.
Refráns:
Para
atopar refráns podemos buscar no Refraneiro Galego de Taboada
Chivite facendo unha procura pola palabra que queremos atopar.
Familia
léxica:
Para
atopar a familia léxica dunha palabra temos que facer unha busca
avanzada no dicionario.
Imos
ao apartado contén da busca avanzada e alí escribimos o lexema da
palabra p.ex. para buscar a familia léxica da palabra “acougo”
escribiriamos o lexema “acoug” e como resultado veriamos as
palabras que conteñen esa secuencia. Hai que ter en conta que
nalgúns casos tamén nos poden aparecer palabras doutras familias
léxicas que non teñan nada que ver. Deberemos ser nós os que
seleccionemos as correctas.
Palabra
noutros idiomas:
Fixádevos
que a palabra noutros idiomas vai en redonda o idioma seguido e dous
puntos e logo a palabra en cursiva.
Curiosidades:
Todas
as palabras deben ter apartado de curiosidades, é aquí onde
deberedes investigar ata dar con información que relacione a vosa
palabra con outras cuestións de interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario